Mozilla Firefox, o navegador

Ata 2005, máis ou menos, o navegador que empregaba todo o mundo era Internet Explorer (IE de agora en adiante). Entre outras moitas cousas porque era o que viña por defecto co Windoz e era máis cómodo que o resto, xa que non había que instalalo. Antes del houbera outros navegadores: o primeiro fora Mosaic e despois véu Netscape, mais IE tivo o monopolio durante moito tempo. Agora mesmo, hai dous navegadores que lle están facendo unha temible competencia: Opera e Mozilla firefox.

As razóns para non empregar o Internet Explorer son moitas e as máis delas non son transparentes para os usuarios. En breve resume, IE é un perigo para o usuarios pola súa inseguridade, non segue os estándares para os desenroladores e é pouco fiábel.

Desta maneira, do que vou falar é do Firefox, por estes motivos:

  • É de código aberto. Quere dicir que calquera pode ver como traballa e modificalo a vontade. Ademáis pódese descargar gratuitamente.
  • Pódese mudar e personalizar o aspecto externo (tema) de xeito sinxelo e gratuito.
  • Soporta marcadores dinámicos, de xeito que podes ver os titulares das novas do teu último portal ou blog favorito sen ter que entrar na páxina.
  • Ten centos de extensións e plugins que permiten engadirlle funcionalidades que outros navegadores non poden nin soñar.
  • Está en galego. E en castelán, catalán, chinés e unha morea máis de línguas. De feito, podes traducir Firefox a un idioma que inventes se o desexas e tes gana de perder o tempo.
  • A navegación faise con pestañas e non con feas ventás. Abonta con pulsar Control+T, para abrir unha nova pestaña (a primeira vez que escrebín isto, o Explorer aínda non contemplaba esa posibilidade).
  • Firefox mola.

Quizabes o punto que máis aprecio é o segundo: as extensións. Aquí tedes as que máis aprecios lles teño, para baixalas só tedes que procuralas no 'Google' ou en calquera outro buscador competente ( se non os atopades podedes engadir tamén a palabra clave 'firefox' na procura). Tamén podedes ir á opción descargas -> complementos e en extensiones :

  • ForecastFox. Amosa o tempo na túa aldea/vila/cidade na barra de abaixo. Coma Pemán, só que ás veces ata acerta!
  • del.icio.us. Este complemento permite empregar diretamente o sistema de catalogación de Webs que leva este nome. Permite gardar e catalogar as túas ligazóns (enlaces) nun servidor web, de xeito que non se perdan os datos.
  • GreaseMonkey. Permite modificar o aspecto das páxinas que visitas. Deste xeito, podes facer que Chuza teña un fondo amarelo ou mudarlle o tipo de letra á páxina da Voz. O seu uso pode ser complicado para os principiantes.
  • Wizz Rss News Reader. Un dos moitos lectores de novas que permiten acceder á centos de portales de información dun xeito ordeado.
  • E centos de extensións máis...

Despois de todo este rollo macabeo espero que quedárades convencidos de empregar Firefox ou, polo menos, que vos atrevades a provalo e a esquecervos de outros navegadores do monopolio. Probádeo!

Chuzame! chuzame -