Travesías Arcanas
Problema lingüístico… ou problema social?
Comeza un novo curso, tanto para os estudantes como para os que acabamos as vacacións. Deste xeito, moitos atopamonos con problemas novos ou cos mesmos problemas de antes. Así que, desde este sacro púlpito, vou falar unha vez máis, e non vou cansar, da cuestión lingüística galega.
O último premio Príncipe de Asturias de Literatura, un tal Steiner (non o bo, un máis mediocre), esbardalla nunha entrevista algo así como que o galego non é unha língua, nada que ver co catalán por exemplo, que mola mazo. E entre as razóns para demostrar iso cita o non ter literatura de importancia.
Talvez o señor Steiner de marras non coñeza as cantigas medievais, a Rosalía e Curros, a Ferrín e Casares, a Cunqueiro e a Manuel Rivas. Talvez coñeza a moitos autores, non xa cataláns, senón de paises con estado propio que cheguen a ese nível de calidade e que esteñan traducidos a tantas línguas. “Memorias dun neno labrego” de Neira Vilas é un clásico da literatura universal que está traducido a máis de 50 idiomas. A cantas línguas está traducida a súa obra que todo o mundo di coñecer e ningúen tivo nunca intención de ler? En definitiva, outro personaxe ao que lle queda pouco para igual a aquel outro ‘galego’ ao que lle deron o Nobel e tivo por mérito absorver litros e litros de líquido por vía rectal.
Estas declaracións súmanse á campaña mediática de linchamento (palabra por certo que provén dun tal Lynch que no seu momento fixera unha lei que regulaba esa tradición) da lingua e cultura galegas, en favor, segundo din, doutras moito mellores, sobre todo a que vén da capital do Imperio, Madrid. Realizada desde as televisións, radios e xornais, vén a dicir algo así que o castelán goza dunha saúde excelente e ademáis os que o falan son vítimas da discriminación nas comunidades autónomas onde non é a língua vernácula.
Esa peculiar campaña, xa que tirar contra as línguas minorizadas só se fai no estado español e en ningunha outra parte do mundo, contrasta axiña coa realidade dos que visitan eses territorios. Non só axiña se sorprenden de que se fale un castelán en moitos casos máis correcto que nas comunidades monolíngues, senón de visitar lugares onde a língua vernácula directamente non existe. O visitante alleo, excepto en contadas excepcións como o caso Madrid vs. Barcelona, dáse conta axiña de que o conflicto antes mencionado non ten precisamente por vítima o castelán.
Por outra banda, os apoios desde dentro da sociedade galega a este tipo de campañas veñen sempre da mesma dirección: a clase alta e os seus aludidos. Eses mesmos que levan explotando ás clases baixas do país desde que se ten memória, aqueles que se perpetuan no poder fáctico desde xeracións e que marcaron a diferencia de lingua como marca social e levan detendo o avance social durante décadas, son os que abrazan con entusiasmo a bandeira do vitimismo.
Non é unha táctica nova, desde logo. A ditadura, coa que esa clase social pactou a gosto, tamén a empregou e soubo facer calar entre a poboación ese sentimento. Daquela falábase de que “ninguén nos quixo axudar na posguerra” cando o bloqueo fora o prezo que o estado pagaba por manter ao ditador e os arrimados, ou “os demais paises teñen-nos manía por ser mellores ca eles” cando aos que daquela mandaban non lles importaba que o pobo tivese privacións a costa de seguir eles perpetuándose no poder.
Deste xeito, no escenario da loita lingüística aparecen dous bandos claramente definidos, e claramente debuxada a loita entre patróns e obreiros. Dunha parte a clase alta, que na maior parte non son empresarios, senón xente que obtén rendas polas súas propiedades, e doutra parte a clase traballadora, que ata a universalización do ensino non puido ter acceso á mal chamada língua común.
E para ratificar esta teoría, non compre máis que botar unha ollada aos asinantes dos diferentes documentos e manifestos que se puxeron en circulación nos últimos días. Dunha parte, os clubes financieiros e asociacións de empresarios expresando o seu malestar polo atranco e a suposta perda de beneficios que lles supón a súa existencia. Doutra, os sindicatos, especialmente o maioritario con diferencia e nacionalista, reivindicando a dignidade da nosa lingua.
E postos nesta loita fratricida, quen gañará? Entendo que, como en todas as guerras, ninguén pode saír gañando. Esta loita debilita tanto ao galego como ao castelán. Ao galego porque lle fai perder a tranquilidade que tanto necesita para desenvolverse con normalidade e ao castelán por o fai parecer para uns o ogro que só vén facer o mal e a outros o salvador que nunca será.
Chegará o día en que cada un ocupará o seu lugar e as loitas do pasado parecerán tan fora de lugar como o son hoxe as guerras carlistas ou as guerras entre católicos e protestantes. Máis ata que chegue ese momento, algúns saberemos con quen estar: sempre co máis débil.
Ialma
<object	type="application/x-shockwave-flash"
data="http://br.youtube.com/v/Non-iz8ypCQ"
width="425"
height="350">
<param name="movie" value="http://br.youtube.com/v/Non-iz8ypCQ" />
<param name=wmode" value="transparent" />
</object>
Este grupo de pandereteiras fillas de emigrantes galegos en Bruxelas (capital da Bélxica) levan xa un tempo en escea. Desde o seu primeiro disco a capella ata o seu último álbume no 2006, foron unha mostra de que a cultura non ten fronteiras. A canción do vídeo é unha versión de “Under the Bridge” dos Red Hot Chili Peppers, adaptado a un ritmo tradicional galego cunha moi exacta traducción das letras.
A voz principal é a de Verónica Codesal. Esta rapaza saltara aos medios haberá dous anos por representar co seu outro grupo, Urban Trad, a Bélxica no festival de Eurovisión. Unha voz e un grupo que pasa inadvertido aos medios españois, máis centrados na súa caspa habitual (flamenco e pop latino).
Durante os últimos anos, levaron as súas cancións por toda Europa e mesmo as mesturaron co rap e o hip-hop, como moitos espectadores puideron contemplar abraiados nos últimos especiais da TVG. E con eles moitos outros grupos da última fornada de grupos do que será lembrado como o segundo movemento bravú nos comezos do século XXI.
Crónica do Festigal e das festas de Santiago
Este post é un tanto persoal, así que quedades avisados…
O pasado día 25 foi o Día da Patria Galega, Día de Galiza… e tamén o antigo patrón de España, o apostol Santiago.  Certamente unha data moi cobizada. Para celebralo, quedei cuns colegas na capital do pais, Compostela. Chegei despois de pasar toda a noite no bus desde Madrid (no tren non habia prazas e avión é demasiado caro para alguén que volta cada 15 días).
Estivemos percorrendo a cidade, insertámonos no medio da manifa, introduxemos a un madrileño, compañeiro noso, no nacionalismo galego e ata atopamos un profesor xaponés de socioloxía que estaba a facer un traballo sobre nacionalismo e que nos falou do seu país. Ademáis tamén asistimos aos concertos do Festigal, organizado moi dignamente… e incluso estivemos na caseta da UPG (medo!).
Outro punto forte do día foi para min coñecer á xente de Chuza! o portal galego de novas colaborativas do que xa teño falado, así como a xente de Vieiros, Gznación e outros medios de consulta habitual. Foi todo un pracer, aínda que espero poder falar con eles en outra ocasión en mellores condicións. En resume, un día redondo.
Roubolle esta foto do blog do encontro a Ghanito:
A fervenza da Pedra
Esta foto pertence a unha fervenza que forma o río Lourido e que está oculta para a maior parte da xente pola maleza que a rodea. O estado de abandono no que se atopa a maior parte da Parroquia provocou que o acceso a esta marabilla da natureza sexa impracticábel. O lado positivo dese abandono é que permitiu conservalo ata agora intacto.
O río Lourido transcurre ao longo de varios kilómetros e na súa totalidade pola parroquia da Pedra no Concello de Cariño. Noutro tempo tiña un caudal moito maior que o actual, sobretodo na súa parte baixa, a  traída de augas para o suministro de case todo o concello  e o cultivo masivo de eucaliptos tiveron a culpa e a día de hoxe é algo de difícil solución. De todos os xeitos, o estado do río está lonxe de ser un desastre absoluto e ofrece moitas perspectivas para ser recuperado a medio e longo prazo, se as condicións o permiten.
O caer e decorrer da auga é un dos espectáculos máis simples e cautivadores que nos ofrece a natureza. Nas nosas mans está saber aprecialo e conservalo para poder gozarmos nós e os que veñan despois de nós.
No festival de Ortigueira
Tamén chamado do Mundo Celta outros anos. Como é ben sabido, é o festival de música celta máis importante do Sul de Europa e un dos máis importantes de mundo. Este ano vive un momento de consolidación: despois do crecemento exponencial dos últimos dez anos, agora ten menores pretensións aínda que manteña o nível de calidade nas actuacións. 100.000 persoas  eran demasiadas para unha vila como Ortigueira que conta en todo o ano con pouco máis de 1000 habitantes no núcleo urbano e este ano conta máis ou menos con 60000, que non son poucos.
Para todos os que disfrutamos coa música propia do país e das nosas culturas irmás é, sen dúvida, o acontemento musical do ano. Para outra xente é a convivencia na praia ou a o simples divertimento, máis o núcleo do Festival son as actuacións. Deste xeito, grupos musicais dos paises celtas (Escocia, Irlanda, Illa de Man, Cornualles, Bretaña, Galiza e Asturias, é dicir nacións sen estado cunha presenza cultura forte) comparten escenarios durante 4 días para disfrute dos visitantes ao festival.
Este ano a grande atracción foi o venres, sexta. A orquestra ‘Sondeseu’, composta por músicos de diferentes formacións galegas de primeira orde acompañados por intérpretes de instrumentos tradicionais fixeron vibrar ao público, que ficou sorprendido pola arrolladora forza desa fusión. Ademáis deles, outros grupos xa tradicionais como Fía na Roca ou os irlandeses Lonely Hearts fixeron disfrutar a todo o público presente. Para hoxe, domingo, o plato forte son os irlandeses The Dubliners, ademáis da cantora  tradicional Uxía.
Para os que non puidestedes vir, aquí vos déixo un vídeo de Sondeseu.
<object	type="application/x-shockwave-flash"
data="http://www.youtube.com/v/v5FnjbVAg1g"
width="425"
height="350">
<param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/v5FnjbVAg1g" />
<param name=wmode" value="transparent" />
</object>
Un nome na rede
Primeiro de todo, a entrada (post) que estivo colgada na portada no blog desde hai uns días debeuse a un erro pola miña banda. Tiven un problema ao subir a imaxe da entrada anterior e, para evitar que lle ocurrise o mesmo a outros, decidín facer unha proba para reportalo aos administradores de Blogaliza. Como non me decatei, esa nova apareceu na portada, mais felizmente xa está amañado.
Agora vouvos facer unha pregunta a todos os que ledes este blogue: se puidérades escoller un nome de dominio (un punto com) para este blog, cal lle poñeríades? Travesias.com, .net, .org… xa están collidos, así que podedes ir procurando outros. Unha posibilidade sería lumeinfernal.com, ainda que quería facer algo especial para homenaxealo, xa que se trata do xogo  que programei hai xa máis de 10 anos (era novo e non precisaba os cartos).
Por certo, confeso que actualmente perdín todas as copias dese xogo, así que se alguén aínda o conserva, agradecería que se puxera en contacto comigo.
Os lectores de novas (RSS)
Os lectores de novas, feeds en inglés, son unha ferramenta (ou programa) que permiter enterarse de xeito áxil do contido de páxinas web, grupos de noticias e listas de correo sen ter que acceder directamente a elas. Por que se empregan? A resposta é que a moitos usuarios permítenlles acceder máis comodamente e de xeito directo á información, sen ter que perderse navegando pala web e cargando as páxinas. Permiten descartar automáticamente as entradas e novas antigas e estar informado dos novas segundo van aparecendo dunha tirada.
O xeito de conectarse é empregar a ligazón que nos ofrecen moitas webs, que normalmente vai indicada co nome ‘RSS‘ ou ‘Entradas‘, como no caso deste blog. Este formato serve para obter calquera actualización do contido: tamén se poden obter os comentarios, música e incluso vídeos. Ésteé o símbolo co que se indica as máis das veces:
Existen dous tipos de lectores: os programas que se executan desde o ordenador cliente e os que funcionan desde unha páxina web, accedendo cun nome de usuario e un contrasinal. Os programas (como RSSOwl ou Thunderbird, por exemplo), teñen máis opcións para organizar e categorizar as entradas. Coas interfaces web (Netvibes, Bloglines, Google Reader), pódese acceder desde calquera lugar á información: moi útil para os ziganos coma min que nunca paran nun mesmo lugar moito tempo.
En definitiva, unha alternativa moi interesante para a xente que valora máis o contido que o continente.
Rosalia XXI
Rosalia XXI é o título da nova colaboración entre o pianista Abe Rábade, Guadi Galego e o poeta Anxo Angueira. Este proxecto naceu como un encargo da Consellaría de Cultura da Xunta de Galiza para a controvertida feira do libro da Habana. O obxectivo era mostrar unha versión contemporánea da obra da poetisa galega máis representativa de todos os tempos: Rosalía de Castro. Téntase dar una nova imaxe, renovando o xa mostrado por outros autores como, por exemplo, Amancio Prada.
Neste vídeo explícase máis en profundidade:
<object	type="application/x-shockwave-flash"
data="http://br.youtube.com/v/8q66CtielCs"
width="425"
height="350">
<param name="movie" value="http://br.youtube.com/v/8q66CtielCs" />
<param name=wmode" value="transparent" />
</object>
Resulta difícil de crer que non recibise prácticamente ningunha atención polos adormecidos medios de comunicación do país. Bótase en falta tamén a presentación do traballo en directo nesta beira do Atlántico. O CD está á venda na tenda vitual de Falcatruada e na tenda virtual de Apple, iTunes. Eu, por suposto, xa encarguei unha copia.
A experiencia dun oficio
Desde hai xa uns meses, firmo todos os meus correos electrónicos co seguinte latinismo (isto é, frase en latín):
“Ars longa, vita brevis”
Que quere dicir? Máis ou menos, que o tempo para aprender con mestría absoluta unha profesión, oficio ou arte supera con moito o tempo que dura a vida dunha persoa. Trátase dunha cita do médico grego Hipócrates, que viviu arredor do século V antes de Cristo e que se considera pai indiscutido da medicina moderna. Tamén é o lema da marca de roupa XDYE das tendas Pull and Bear (entereime meses despois de escoller a cita para o correo e non vexo motivo para mudala).
Esta frase adáptase, sen dúbida, á maior parte das profesións e ten particular acerto no caso da miña, programador informático. Traballar nunha disciplina en perpetuo progreso exixe unha constante atención e unha capacidade de filtrado e asimilación de información continua. Desde logo, ir picar á mina, por exemplo, é unha profesión moito máis dura, máis iso non significa que o traballo do programador sexa fácil: soldos baixos, proxectos infernais, horas e horas diante dunha pantalla que queima a vista… Creo que realmente non llo recomendaría a ninguén.
Aínda que tamén ten moitos momentos reconfortantes, a ilusión de aprender algo novo cada día, traballar sobre abstraccións que manipulan información do mundo real, atopar a solución a problemas complexos… programar é unha arte e non creo que lograra acadar a perfección (se é que existe) nin noutra nin nun millón de vidas…
A Comunidade de Montes da Pedra
Este pasado venres, sexta feira, apareceu un pequeno artefacto explosivo diante da furgoneta de meu pai destinado a darlle un bo susto e quizabes rebentarlle o seu medio de traballo. Foi descuberta por casualidade e a meu pai deulle tempo a ver o coche do cativo (levaba a L) ao que lle pagaron por colocalo. Ao final, a botella de amoniaco con aluminio (de momento pensamos que só ten iso) quedou nas mans da Garda Civil e todo quedou nunha anécdota que lembraremos rindo no futuro.
Como se chegou a isto? Ben, meu pai está coordinando a Plataforma pola Defensa dos Montes da Pedra que emprega todos os medios legais e democráticos para tentar botar do poder aos caciques da parroquia. Estes personaxes levan aproveitándose dunha institución asemblearia que ten séculos de existencia para o seu propio beneficio e chegoulles a hora de irse. E como están tan mal acostumados, agárranse canto poden.
Pagarlle a un imbécil para que coloque un artefacto explosivo nun auto dunha persoa que non comparte as túas opinións é un acto própio de terroristas. Pode parecer de riso, mais a mestura de amoniaco e aluminio é a base do amonal, o explosivo máis empregado por ETA, o IRA e outros da súa calaña. Houbo xente que levou un disgusto moi serio por andaren xogando con esas cousas.
Confiemos en que a situación volva á cordura e á normalidade. Por parte da Plataforma, podo dar a seguridade absoluta de que non se van tomar represalias do mesmo xeito e en ningún caso se empregará a violencia para tentar resolver o conflito. Nós venceremos… e convenceremos.