Primeiro de todo, a entrada (post) que estivo colgada na portada no blog desde hai uns días debeuse a un erro pola miña banda. Tiven un problema ao subir a imaxe da entrada anterior e, para evitar que lle ocurrise o mesmo a outros, decidín facer unha proba para reportalo aos administradores de Blogaliza. Como non me decatei, esa nova apareceu na portada, mais felizmente xa está amañado.
Agora vouvos facer unha pregunta a todos os que ledes este blogue: se puidérades escoller un nome de dominio (un punto com) para este blog, cal lle poñeríades? Travesias.com, .net, .org... xa están collidos, así que podedes ir procurando outros. Unha posibilidade sería lumeinfernal.com, ainda que quería facer algo especial para homenaxealo, xa que se trata do xogo que programei hai xa máis de 10 anos (era novo e non precisaba os cartos).
Por certo, confeso que actualmente perdín todas as copias dese xogo, así que se alguén aínda o conserva, agradecería que se puxera en contacto comigo.
chuzame -
Os lectores de novas, feeds en inglés, son unha ferramenta (ou programa) que permiter enterarse de xeito áxil do contido de páxinas web, grupos de noticias e listas de correo sen ter que acceder directamente a elas. Por que se empregan? A resposta é que a moitos usuarios permítenlles acceder máis comodamente e de xeito directo á información, sen ter que perderse navegando pala web e cargando as páxinas. Permiten descartar automáticamente as entradas e novas antigas e estar informado dos novas segundo van aparecendo dunha tirada.
O xeito de conectarse é empregar a ligazón que nos ofrecen moitas webs, que normalmente vai indicada co nome 'RSS' ou 'Entradas', como no caso deste blog. Este formato serve para obter calquera actualización do contido: tamén se poden obter os comentarios, música e incluso vídeos. Ésteé o símbolo co que se indica as máis das veces:

Existen dous tipos de lectores: os programas que se executan desde o ordenador cliente e os que funcionan desde unha páxina web, accedendo cun nome de usuario e un contrasinal. Os programas (como RSSOwl ou Thunderbird, por exemplo), teñen máis opcións para organizar e categorizar as entradas. Coas interfaces web (Netvibes, Bloglines, Google Reader), pódese acceder desde calquera lugar á información: moi útil para os ziganos coma min que nunca paran nun mesmo lugar moito tempo.
En definitiva, unha alternativa moi interesante para a xente que valora máis o contido que o continente.
chuzame -
Despois de facer a contaatrás da páxina, decidín facer un pequeno experimento e crear un pequeno proxecto en Google Code. Só por facer unha proba.
Google Code é un servizo que ofrece aos programadores unha serie de ferramentas para publicar e manexar os seus proxectos. Non creo que sexa moi práctico para grandes empresas, mais semella ideal para non perder eses pequenos anacos de código que se van deixando por ahí.
Esta primeira versión de WebCountdown, o nome do miniproxecto, é unha simple aproximación, xa veremos se lle engado cousas. De momento, ahí queda. Decidín facelo íntegro en inglés por ser ésa a língua internacional da informática. Sen dúbida máis adiante acrecentareille unhas pequenas instruccións en cristiano. Tedes unha ligazón para descargalo na barra lateral do blog, aínda que só poida ser algo útil aos programadores web.
chuzame -
Esta pregunta é a hoxe en día se fan millóns de usuarios de todo o mundo. E non só usuarios, senón tamén profesionais da computación. Linux é un sistema operativo alternativo ao tradicional Windows que leva máis de 10 anos acaparando o mercado. E digo alternativo e non substitutivo, porque permite traballar doutro xeito, que en ocasións é mellor e noutras, simplesmente, diferente.
- Porque se debe usar Linux? Pois por varios motivos, pero principalmente para librarse do monopolio de Microsoft, que o único que sabe é obter beneficio sen aportar prácticamente nada e obstaculizando moitos desenrolos. Linux, as máis das veces, non peta e permite ter un equipo aceso durante anos (si, anos) sen apenas mantemento, tendo case todas as aplicacións e funcionalidades que un usuario medio ne
- Quen debe empregar Linux? Ben, iso depende. Un usuario novato e inexperto no mundo da informática pode empregalo perfectamente, sempre e cando non teña que instalalo el mesmo. Na miña casa levo máis de dous anos empregando Linux, e serveu perfectamente para meu pai, que non tocara un ordenador na vida, e meus irmáns, que só coñecían Windows, o empregasen para facer documentos, navegar por internet, baixar películas... Claro que tiven que ser eu o que instalara e configurara o sistema, que durou máis de dous anos sen problemas.
Os usuarios que fan preguntas do estilo: Porque teño que aprender Linux se xa sei Windoz? non son os máis axeitados para insistirlles que o proben. Os usuarios avanzados, pola contra, que queiran aprender cousas novas e esteñan fartos do que teñen son os óptimos para empregalo. Moitos xogos de última xeración van máis rápidos, polo que moitos usuarios quererán probalo só por iso.
A mascota de Linux é un pingüino chamdo Tux. Aquí está en acción.
chuzame -

Pois iso que se vé na imaxe superior é un lector de tinta electrónica, concretamente un Sony Reader PRS505, nunha foto que tirei no meu traballo co móbil, o que explica a calidade.
Que é un lector de tinta electrónica? Seguro que moitos xa coñecederes os libros electrónicos ou dixitais (PDF). O problema ata o momento era que a lectura nunha pantalla (écran) era pesada e molesta debido á retroiluminación, isto é a pantalla é unha fonte de luz que molesta a vista. A tecnoloxía da tinta electrónica soluciona este problema: a pantalla xa non emite luz, simplemente modifica o seu contido.
A pantalla dun lector con esta tecnoloxía está composta por millóns de células que cambian a cor ao paso dunha corrente eléctrica (polarización). Deste xeito lógrase un efecto similar ao dunha folla de papel, coas ventaxes que ofrece un dispositivo electrónico:
- Pode almacenar milleiros de páxinas nun espazo moi reducido (o grosor medio dun lector non supera o centímetro).
- Ten capacidade para arquivar e ordear os textos na orde que nos pete. A nosa biblioteca ordenada ao alcance dun click na palma da man.
- Podemos gardar os marcapáxinas sen medo a perdelos.
- Ten moi baixo consumo de enerxía, que se mide en saltos de páxina. Unha simples carga abonda para poder pasar milleiros de páxinas.
- Os modelos máis avanzados incorporan unha pantalla táctil, moi práctica para suliñar, sinalar e facer garabatos.
Mais, coma sempre, non todo son ventaxas:
- Pasar de páxina lévalle case 1 segundo. Realmente insignificante para a maior parte dos usuarios, resulta algo molesto para os usuarios esixentes.
- Non existe unha gran variedade de títulos para estes cacharros aínda. Os usuarios avanzados empregan sistemas para convertir arquivos para solventar esta eiva, mais moitos títulos non están soportados e non se poden ler nestes aparatos.
- O prezo é, de momento, excesivo: 300€ os modelos básicos e 600 os de gama media. Compre esperar que os prezos baixen nun futuro próximo.
A tecnoloxía está polo de agora en pañais, comezando a gatear. Nun futuro próximo haberá cada vez máis lectores con mellores prestacións, conforme se asente o mercado. Eu xa lle estou sacando partido ao meu, empregándoo para ler libros técnicos e tutoriais, outra xente emprégao para novelas e ensaios.
Pouco a pouco, o mundo avanza.
chuzame -
Este artigo esta escrito nun Fit-pc, un ordenador compacto fabricado por unha empresa israeli. Non e un pc potente, esta pensado para ter un consumo minimo de enerxia, so 5w, e ocupar un espazo minimo. Ven preinstalado co linux Ubuntu, mais pode aceptar outros sistemas operativos. A xente que o probou co XP esta tamen contenta con el. Os seus usos: escritorio, navegador, servidor web, p2p... Sempre con ese gasto minimo de electricidade.
De momento estouno a empregar para acceder a internet mentres non tenho o equipo novo. Por certo, coidado ao comprar unha placa nova con tarxeta integrada, xa que necesitan as de Gigabyte por exemplo, necesitan unha tarxeta de expansion a maiores.
O futuro da informatica pasa por cacharros coma este, que son capaces de facer o servicio con un consumo minimo de recursos. O prezo do equipo foron case 300 Euros, incluindo gastos de aduanas, polo que se amortiza tranquilamente en menos de dous anos. O beneficio e doado de ver.
Agora mesmo estou a escreber co teclado en ingles, que e o que ven por defecto na Ubuntu. Linux soporta tanto o teclado espanhol coma a lingua galega nos textos do escritorio e das aplicacions, polo que os vou mudar xa. Un paso mais cara o futuro.
chuzame -