Archive for the 'Sen clasificar' Category
Problema lingüístico… ou problema social?

Comeza un novo curso, tanto para os estudantes como para os que acabamos as vacacións. Deste xeito, moitos atopamonos con problemas novos ou cos mesmos problemas de antes. Así que, desde este sacro púlpito, vou falar unha vez máis, e non vou cansar, da cuestión lingüística galega.

O último premio Príncipe de Asturias de Literatura, un tal Steiner (non o bo, un máis mediocre), esbardalla nunha entrevista algo así como que o galego non é unha língua, nada que ver co catalán por exemplo, que mola mazo. E entre as razóns para demostrar iso cita o non ter literatura de importancia.

Talvez o señor Steiner de marras non coñeza as cantigas medievais, a Rosalía e Curros, a Ferrín e Casares, a Cunqueiro e a Manuel Rivas. Talvez coñeza a moitos autores, non xa cataláns, senón de paises con estado propio que cheguen a ese nível de calidade e que esteñan traducidos a tantas línguas. "Memorias dun neno labrego" de Neira Vilas é un clásico da literatura universal que está traducido a máis de 50 idiomas. A cantas línguas está traducida a súa obra que todo o mundo di coñecer e ningúen tivo nunca intención de ler? En definitiva, outro personaxe ao que lle queda pouco para igual a aquel outro 'galego' ao que lle deron o Nobel e tivo por mérito absorver litros e litros de líquido por vía rectal.

Estas declaracións súmanse á campaña mediática de linchamento (palabra por certo que provén dun tal Lynch que no seu momento fixera unha lei que regulaba esa tradición) da lingua e cultura galegas, en favor, segundo din, doutras moito mellores, sobre todo a que vén da capital do Imperio, Madrid. Realizada desde as televisións, radios e xornais, vén a dicir algo así que o castelán goza dunha saúde excelente e ademáis os que o falan son vítimas da discriminación nas comunidades autónomas onde non é a língua vernácula.

Esa peculiar campaña, xa que tirar contra as línguas minorizadas só se fai no estado español e en ningunha outra parte do mundo, contrasta axiña coa realidade dos que visitan eses territorios. Non só axiña se sorprenden de que se fale un castelán en moitos casos máis correcto que nas comunidades monolíngues, senón de visitar lugares onde a língua vernácula directamente non existe. O visitante alleo, excepto en contadas excepcións como o caso Madrid vs. Barcelona, dáse conta axiña de que o conflicto antes mencionado non ten precisamente por vítima o castelán.

Por outra banda, os apoios desde dentro da sociedade galega a este tipo de campañas veñen sempre da mesma dirección: a clase alta e os seus aludidos. Eses mesmos que levan explotando ás clases baixas do país desde que se ten memória, aqueles que se perpetuan no poder fáctico desde xeracións e que marcaron a diferencia de lingua como marca social e levan detendo o avance social durante décadas, son os que abrazan con entusiasmo a bandeira do vitimismo.

Non é unha táctica nova, desde logo. A ditadura, coa que esa clase social pactou a gosto, tamén a empregou e soubo facer calar entre a poboación ese sentimento. Daquela falábase de que "ninguén nos quixo axudar na posguerra" cando o bloqueo fora o prezo que o estado pagaba por manter ao ditador e os arrimados, ou "os demais paises teñen-nos manía por ser mellores ca eles" cando aos que daquela mandaban non lles importaba que o pobo tivese privacións a costa de seguir eles perpetuándose no poder.

Deste xeito, no escenario da loita lingüística aparecen dous bandos claramente definidos, e claramente debuxada a loita entre patróns e obreiros. Dunha parte a clase alta, que na maior parte non son empresarios, senón xente que obtén rendas polas súas propiedades, e doutra parte a clase traballadora, que ata a universalización do ensino non puido ter acceso á mal chamada língua común.

E para ratificar esta teoría, non compre máis que botar unha ollada aos asinantes dos diferentes documentos e manifestos que se puxeron en circulación nos últimos días. Dunha parte, os clubes financieiros e asociacións de empresarios expresando o seu malestar polo atranco e a suposta perda de beneficios que lles supón a súa existencia. Doutra, os sindicatos, especialmente o maioritario con diferencia e nacionalista, reivindicando a dignidade da nosa lingua.

E postos nesta loita fratricida, quen gañará? Entendo que, como en todas as guerras, ninguén pode saír gañando. Esta loita debilita tanto ao galego como ao castelán. Ao galego porque lle fai perder a tranquilidade que tanto necesita para desenvolverse con normalidade e ao castelán por o fai parecer para uns o ogro que só vén facer o mal e a outros o salvador que nunca será.

Chegará o día en que cada un ocupará o seu lugar e as loitas do pasado parecerán tan fora de lugar como o son hoxe as guerras carlistas ou as guerras entre católicos e protestantes. Máis ata que chegue ese momento, algúns saberemos con quen estar: sempre co máis débil.

Chuzame! chuzame -
Seleccion galega: o dereito a ter unha élite

Outro ano máis (só o terceiro), e xa temos un novo partido da selección galega de fútbol. Desta volta toca xogar en Vigo e con novidades: xogan tamén as mulleres contra Catalunya, así como as categorías inferiores.

Para todos os que apoiamos e defendemos a creación dunha selección propia, negada durante o reinado do anterior talibán, perdón, presidente electo, é motivo de especial orgullo. Non é o orgullo de sermos un povo superior, que non creo que haxa uns superiores a outros, senón simplemente diferentes. É simplemente ter algo normal que nos foi negado por escuros e egoístas intereses políticos. E que por fin conseguimos.

Todo povo ten dereito a criar a súa propia élite, nos campos e áreas nos que lle sexa posível. A alternativa é a asimilación a unha élite allea e a perda de autoestima común, o que da resultado actitudes de sobra coñecidas de negación: "se fan unha selección galega, tamén a fago eu na miña casa" ou "en Galicia non hai nivel para iso", habituais en persoas mediocres e que son mostra dun enorme auto-desprezo inherente a séculos de colonización. Isto non é só malo para xente do propio povo, senón tamén para os que o rodean, que difícilmente se poden beneficiar desta situación.

Mais, ainda non está todo dito. Por desgraza, estamos obrigados a xogar nestas datas, e a escoller rivais mercenarios, e non povos dos que somos irmáns e veciños (Portugal, Irlanda, Escocia, Asturias, ...), que serían os máis lóxicos para este tipo de enfrontamentos. Aínda queda moito camiño para conseguir a oficialidade plena das nosas seleccións.

 

Seleccion Galega

Chuzame! chuzame -
Sen fronteiras

Hoxe vou falar de dúas webs xa ás que xa me teño referido anteriormente, pero que siguen aportando pequenos sorrisos neste escuro mundo. Son o blog de Berto Yáñez e Aduaneiros sem fronteiras. Tedes as ligazóns na columna da dereita, á espera de seren catalogadas na próxima revisión de Travesías.

Os dous son blogs especiais: non están cheos de texto coma outros, senón que empregan deseños e debuxos para enviar a súa mensaxe. Aínda que non se actualizan moi a miudo, están moi orientados á actualidade, polo que alguns dos post poden quedar desfasados. De todos os xeitos, paga a pena botarlles unha ollada aos posts anteriores. Eu gosto particularmente do xerador de poesía galega e da antoloxía de cartaces galegos.

E non quería rematar sen lembrarme dunha amiga miña que non quere aparecer neste blog e que vai cumprir 30 outonos dentro de nada. A ti, que me estás lendo agora, vai adicada esta fotografía:

Fiordo

Tomeina desde a outra ventá de atrás da miña casa. Vemonos logo.

Chuzame! chuzame -
Nova Categoría: Ligazóns

Engadida nova categoría: ligazóns. Tívena que engadir empregando o meu propio código e accedendo directamente á taboa de MySQL, xa que o tema que estou a empregar petaba para as ligazóns. Foi un pouco lioso, así que se alguén dalgún blog tivo o mesmo problema ao mudar o blog, xa sabe a quen preguntar.

Espero ter máis tempo e, sobre todo, vontade, a partir do mes que vén. Como proxectos ata fin de ano teño o tutorial sobre gráficos en Javascript e unha posíbel mudanza do blog a un hosting novo que me permita facer máis cousas. Sería interesante probar un xestor de contidos como o Joomla. Xa veremos.

Chuzame! chuzame -
O Grande Apagón

A semana pasada este blog non estivo disponível. Éste e outros moitos: caera o servidor de 'blogaliza'. Non é que fora un problema moi grave, mais é algo a ter en conta.

Novidades: a semana que vén múdome a un piso Alcobendas, co que finalizo a situación temporal na que me atopaba. Mentres tanto, xa visitei outro lugar: a Filmoteca Española. Pinículas en versión orixinal a dous ouros por sesión. As salas non son gran cousa, e, feito curioso, só admiten un tercio da entrada total, polo que pode ser difícil conseguir sitio. A ter en conta.

Por certo, agora decátome de que o WordPress funciona peor no IE que no Phirephox...

Chuzame! chuzame -
Vivir no centro ou nas aforas

Éste seguramente será outro 'post' do que me arrepentirei cando o volte a ler: vivir no centro de Madrid ou nun 'pobo' ou microcidade das aforas.

As ventaxas de vivir no centro son principalmente ter todos os servicios a man ou collendo a económica liña de metro. Pola contra nas aforas e tendo un veículo, a calidade de vida é, se cadra, mellor. Así que estou decidindo.

Mentres tanto, disfruto da vida no centro. Hoxe vou ir ao concerto de Ara Malikian e Fernando Egozcue, violinista libanés e guitarrista arxentino, respectivamente. Este tipo de música é o que se coñece a día de hoxe como fusión, xa que é unha mestura de dous mundos diferentes para crear algo novo, que pode gustar ou non. É máis difícil asistir a este tipo de espectáculos nunha cidade pequena. Algo bo tiña que ter este infer.. digo cidade.

Chuzame! chuzame -
Na capital (polo momento)

50 graos á sombra, cando chove cheira fatal, os transportes públicos a rebosar, os anuncios pegados nas farolas escritos en romanés, sí debo de estar na capital do Imperio Galáctico. En ausencia do meu portátil (felizmente reparado en tempo récord) emprego un equipo arrendado (cyber). De momento ningunha novedade relevante, excepto a estrea de 'Ratatouille', gráficamente impresionante.

Para a semana xa volvo á terra!!

Chuzame! chuzame -
Feito, imos pa´Madrid

Despois de longas negociacións...  ben, é unha forma de expresalo, servidor pírase para a capital do Imperio. A principal razón é que creo que me vén ben un cambio de ambiente tras estes tres últimos anos, e iso seguro que o vou ter. Ademáis diso, quero agradecerlle o interés a toda a xente que se interesou pola miña situación persoal e profesional nestas últimas semanas. Gracias a tod@s.

Para comezar con bo pé e como mostra de boa vontade coa poboación nativa, aquí vos deixo esta imaxe.

madrit

E con respecto ao aspecto visual do blog, admítense suxerencias ;)

Chuzame! chuzame -
Travesías Versión 2.0

Pequena mudanza no blog: novo tema baseado no Daisy Rae Gemini feito polo webmaster da extinta AtThe404. Incorpora unha nova imaxe na cabeceira e lixeiras modificacións e simplificacións no deseño. Engadido tamén o banner do punto GAL, a campaña por un dominio propio para a cultura galega. Non estaría mal ter o 'www.manel.gal'... en fin, que nos próximos días continuarei con novidades, antes do parón inevitábel en Agosto.

Chuzame! chuzame -
Solsticio

Dez cores puiden contar,

Luces xuntas, arremuiñadas,

Coma praias nas palmas das mans,

Azuis, Amarelas, laranxas;

Espíritos que non se deixan tocar..

Vidros que cambian, que se mofan,

Retorcéndose sen poder escapar;

Mira sen medo pra o lume,

E veras ó teu vello rapaz.

Mouchos, curuxas, sapos e bruxas

Berran os vellos do lugar,

Cando senten cun brebaxe,

Racha o peito a gorxa,,, e o cantar;

Fóra meigas fora trasnos,

Rezan as herbas sen cansar,

aforcadas sen remedio,

nalgunha porta con mal ollar;

pan de broa, Sardiñas, lumeradas......

Recordos que arden coma leña verde,

Na noitiña de San Xoán

 

Antón do Carro (1968 - 1987)

Chuzame! chuzame -