Archive for the 'Música galega' Category
Benzón

Esse é o título do novo disco da minha cantora predilecta, Guadi Galego. Estreado coincidindo com o Dia das Letras Galegas e depois de varios anos realizando colaboraçons con outros músicos, atréve-se por fim a a sacar um álbum em solitario. Ainda que seria melhor dizir coral, ja que nel está acompanhada de moitos dos musicos com os que colaborara nos pasados anos: Abe Rabade, Quim Farinha, Leilia e muitos máis.

Benzón (bençao) é umha palabra galega em desuso na lingua oral actual. Nom se me ocurre outra melhor para descrever este disco. Poder contar com a voz e a personalidade de Guadi é umha benzón para a música galega. As súas composiçons trascendem o ámbito tradicional no que tenhem a súa origem, até convertérem-se en universais.

Nos últimos meses, houbo muitos projectos que forom cancelados debido á crise global na que estamos sumergidos. É toda unha alegria poder falar deste novo travalho, outro novo referente musical dumha cultura que pouco a pouco e com muitos atrancos, vai consolidándo-se num mundo cada vez máis globalizado em todos os aspectos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Rosalia XXI

Rosalia XXI é o título da nova colaboración entre o pianista Abe Rábade, Guadi Galego e o poeta Anxo Angueira. Este proxecto naceu como un encargo da Consellaría de Cultura da Xunta de Galiza para a controvertida feira do libro da Habana. O obxectivo era mostrar unha versión contemporánea da obra da poetisa galega máis representativa de todos os tempos: Rosalía de Castro. Téntase dar una nova imaxe, renovando o xa mostrado por outros autores como, por exemplo, Amancio Prada.

Neste vídeo explícase máis en profundidade:

Resulta difícil de crer que non recibise prácticamente ningunha atención polos adormecidos medios de comunicación do país. Bótase en falta tamén a presentación do traballo en directo nesta beira do Atlántico. O CD está á venda na tenda vitual de Falcatruada e na tenda virtual de Apple, iTunes. Eu, por suposto, xa encarguei unha copia.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Guadi deixa Berrogüetto

A cantora, gaiteira e compositora cedeiresa abandona, non se sabe se temporalmente, a banda do Berro no gueto. A nova é toda unha sorpresa para os seguidores do grupo. Será substituída por Xabier Díaz, do que xa teño falado en posts anteriores. É unha mudanza radical no grupo, que troca unha voz feminina por unha masculina, o que quizabes se traduza nunha variación das súas propostas musicais. Xabier xa colaborara antes co grupo en varias ocasións. De feito, ten gravado o disco Músicas de Salitre con Guillermo Fernández.

As dúas voces xa compartiron escenario máis dunha vez. Aquí tedes unha mostra, na presentación do último disco do grupo, 10.0.

Esta nova fíxose pública nos últimos días e foi algo realmente inesperado. Nos últimos tempos, a da vila de Cedeira puido concretar varios proxectos máis persoais con outros músicos e centrarse na súa labor como compositora. Nunha entrevista de hai dous anos, ela mesma falou dun novo Espido con Xabier máis os proxectos ás veces derivan por outros camiños. Tampouco se poden descartar entre os motivos discrepancias, lóxicas entre artistas, co líder espiritual, o ubicuo Anxo Pintos. Como dixo nunha entrevista recente o seu substituto, sería unha enorme perda que deixara a música galega. Non podo evitar lembrar o concerto de presentación do 10.0 gravado pola TVG, que anda circulando por ahí, é a que recibe a maior ovación do público cando sae en último lugar para poñerlle a emoción a ese "Fusco", un dos temas máis emotivos do grupo.


Tamén hai novas sobre o DVD e o novo disco do grupo, que parece ser sairá neste outono. Seica vai estar moi traballado, con moitas colaboracións e incluso cunha orquestra de fondo, isto último aínda sen confirmar. O disco vai ser grabado co novo cantor, máis de seguro que Guadi aparecerá nel. Estamos impacientes.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google