Archive for the 'Filosofía' Category
A experiencia dun oficio

Desde hai xa uns meses, firmo todos os meus correos electrónicos co seguinte latinismo (isto é, frase en latín):

"Ars longa, vita brevis" 

Que quere dicir? Máis ou menos, que o tempo para aprender con mestría absoluta unha profesión, oficio ou arte supera con moito o tempo que dura a vida dunha persoa. Trátase dunha cita do médico grego Hipócrates, que viviu arredor do século V antes de Cristo e que se considera pai indiscutido da medicina moderna. Tamén é o lema da marca de roupa XDYE das tendas Pull and Bear (entereime meses despois de escoller a cita para o correo e non vexo motivo para mudala).

Esta frase adáptase, sen dúbida, á maior parte das profesións e ten particular acerto no caso da miña, programador informático. Traballar nunha disciplina en perpetuo progreso exixe unha constante atención e unha capacidade de filtrado e asimilación de información continua. Desde logo, ir picar á mina, por exemplo, é unha profesión moito máis dura, máis iso non significa que o traballo do programador sexa fácil: soldos baixos, proxectos infernais, horas e horas diante dunha pantalla que queima a vista... Creo que realmente non llo recomendaría a ninguén.

Aínda que tamén ten moitos momentos reconfortantes, a ilusión de aprender algo novo cada día, traballar sobre abstraccións que manipulan información do mundo real, atopar a solución a problemas complexos... programar é unha arte e non creo que lograra acadar a perfección (se é que existe) nin noutra nin nun millón de vidas...

Chuzame! chuzame -
Conversa entre o Papa e o Verdugo

Conversa entre o Papa e o seu Verdugo:

- Un antigo dito entre o meu pobo reza: "A espada que mata é a mesma que da a vida" - dixo o Verdugo - .

- Mais, a quen lle deu algunha vez a vida a espada? - respondeu o Papa.

- Cada vez que hai unha loita, a espada dá a morte a un home e a vida a outro. E vida á súa família, aos seus servos e ao seu señor.

- Sí, supoño que a túa espada deume vida unha ou dúas veces. Mais o dito é pouco profundo. Algunhas cousas que dis fan que unha morea de xente confunda a Deus e ao Demo, Verdugo.

- Espero que que a Súa Santidade non estea entre eles.

- Non, mais que dis da acusación ?

- Négoa. Como poido confundilos ? Digo que non son dous.

O Papa botou a rir.

...

- Verdugo, es ateo ? - Preguntou o Papa.

- Non, oh. Honro a todos os deuses.

- E cantos inclue ese todos?

- Incontáveis. E un.

- Que carente de significado!

- Santidade, deixádeme ouvirvos contar ata un.

- Un.

- Sinalade ese un.

O Papa axitouse incómodo. Finalmente apuntou á súa cabeza co índice dereito.

O Verdugo riuse en voz baixa.

- Erro. Tivéstedes que pensar demasiado. E non costástedes ata un. Contástedes desde un e parástesvos. O un é incontável.

Tirado de San Leibowitz e a Muller Cabalo Salvaxe, de Walter Miller Jr.

Chuzame! chuzame -