A banda de Möbius
decembro 18th, 2007
A banda de Möbius, é unha figura xeométrica descuberta, se é que estas cousas se descubren, por dous matemáticos alemáns a finais do século XIX. Podedes atopar a definición exacta no artigo da Galipedia sobre a banda Möbius.
Debido a certas propiades que posúe, resulta ser unha figura bastante desconcertante para algunhas persoas. Incluso se chegaron a facer varias películas, ningunha de calidade excesiva, na que se lle atribúen propiedades paranormais...
Lonxe desas trapalladas, neste vídeo podedes apreciar algunha das súas características máis curiosas.
chuzame - 