Por que pensas que mil follas,
din mais cá unha palabra,
por que cres que o teu discurso,
vale mais cá miña mirada,
por levar máis anos xogando,
non coñeces a xogada;
no xadrez non hai Vitoria,
por aguantar máis tiradas,
non penses en gañar esta guerra,
pensa só en loitar na batalla.
Antón do Carro
Esta poesía pertence ao repertorio do esquecido poeta nóvel Antón do Carro, infelizmente falecido a causa do abuso dos estupefacientes na década dos 80. Expoño a súa obra na rede con lixeiras correccións para regocixo dos seus devotos admiradores.
chúzame - 