Este post é un tanto persoal, así que quedades avisados...
O pasado día 25 foi o Día da Patria Galega, Día de Galiza... e tamén o antigo patrón de España, o apostol Santiago. Certamente unha data moi cobizada. Para celebralo, quedei cuns colegas na capital do pais, Compostela. Chegei despois de pasar toda a noite no bus desde Madrid (no tren non habia prazas e avión é demasiado caro para alguén que volta cada 15 días).
Estivemos percorrendo a cidade, insertámonos no medio da manifa, introduxemos a un madrileño, compañeiro noso, no nacionalismo galego e ata atopamos un profesor xaponés de socioloxía que estaba a facer un traballo sobre nacionalismo e que nos falou do seu país. Ademáis tamén asistimos aos concertos do Festigal, organizado moi dignamente... e incluso estivemos na caseta da UPG (medo!).
Outro punto forte do día foi para min coñecer á xente de Chuza! o portal galego de novas colaborativas do que xa teño falado, así como a xente de Vieiros, Gznación e outros medios de consulta habitual. Foi todo un pracer, aínda que espero poder falar con eles en outra ocasión en mellores condicións. En resume, un día redondo.
Roubolle esta foto do blog do encontro a Ghanito:

chuzame -

Esta foto pertence a unha fervenza que forma o río Lourido e que está oculta para a maior parte da xente pola maleza que a rodea. O estado de abandono no que se atopa a maior parte da Parroquia provocou que o acceso a esta marabilla da natureza sexa impracticábel. O lado positivo dese abandono é que permitiu conservalo ata agora intacto.
O río Lourido transcurre ao longo de varios kilómetros e na súa totalidade pola parroquia da Pedra no Concello de Cariño. Noutro tempo tiña un caudal moito maior que o actual, sobretodo na súa parte baixa, a traída de augas para o suministro de case todo o concello e o cultivo masivo de eucaliptos tiveron a culpa e a día de hoxe é algo de difícil solución. De todos os xeitos, o estado do río está lonxe de ser un desastre absoluto e ofrece moitas perspectivas para ser recuperado a medio e longo prazo, se as condicións o permiten.
O caer e decorrer da auga é un dos espectáculos máis simples e cautivadores que nos ofrece a natureza. Nas nosas mans está saber aprecialo e conservalo para poder gozarmos nós e os que veñan despois de nós.
chuzame -
Tamén chamado do Mundo Celta outros anos. Como é ben sabido, é o festival de música celta máis importante do Sul de Europa e un dos máis importantes de mundo. Este ano vive un momento de consolidación: despois do crecemento exponencial dos últimos dez anos, agora ten menores pretensións aínda que manteña o nível de calidade nas actuacións. 100.000 persoas eran demasiadas para unha vila como Ortigueira que conta en todo o ano con pouco máis de 1000 habitantes no núcleo urbano e este ano conta máis ou menos con 60000, que non son poucos.
Para todos os que disfrutamos coa música propia do país e das nosas culturas irmás é, sen dúvida, o acontemento musical do ano. Para outra xente é a convivencia na praia ou a o simples divertimento, máis o núcleo do Festival son as actuacións. Deste xeito, grupos musicais dos paises celtas (Escocia, Irlanda, Illa de Man, Cornualles, Bretaña, Galiza e Asturias, é dicir nacións sen estado cunha presenza cultura forte) comparten escenarios durante 4 días para disfrute dos visitantes ao festival.
Este ano a grande atracción foi o venres, sexta. A orquestra 'Sondeseu', composta por músicos de diferentes formacións galegas de primeira orde acompañados por intérpretes de instrumentos tradicionais fixeron vibrar ao público, que ficou sorprendido pola arrolladora forza desa fusión. Ademáis deles, outros grupos xa tradicionais como Fía na Roca ou os irlandeses Lonely Hearts fixeron disfrutar a todo o público presente. Para hoxe, domingo, o plato forte son os irlandeses The Dubliners, ademáis da cantora tradicional Uxía.
Para os que non puidestedes vir, aquí vos déixo un vídeo de Sondeseu.
chuzame -
Primeiro de todo, a entrada (post) que estivo colgada na portada no blog desde hai uns días debeuse a un erro pola miña banda. Tiven un problema ao subir a imaxe da entrada anterior e, para evitar que lle ocurrise o mesmo a outros, decidín facer unha proba para reportalo aos administradores de Blogaliza. Como non me decatei, esa nova apareceu na portada, mais felizmente xa está amañado.
Agora vouvos facer unha pregunta a todos os que ledes este blogue: se puidérades escoller un nome de dominio (un punto com) para este blog, cal lle poñeríades? Travesias.com, .net, .org... xa están collidos, así que podedes ir procurando outros. Unha posibilidade sería lumeinfernal.com, ainda que quería facer algo especial para homenaxealo, xa que se trata do xogo que programei hai xa máis de 10 anos (era novo e non precisaba os cartos).
Por certo, confeso que actualmente perdín todas as copias dese xogo, así que se alguén aínda o conserva, agradecería que se puxera en contacto comigo.
chuzame -