Battle for Wesnoth (ou Legend of Wesnoth) é un xogo de estratexia por turnos multixogador gratuito (de código aberto) que me ten enganchado desde hai xa uns meses. Hai versións para Windows, Linux e Mac e manténse grazas ás aportacións da comunidade de usurios. Se algún usuario quere aportar algo, simplesmente o envía e, se o resto de usuarios o acepta, aparecerá na seguinte versión do xogo, que se pode descargar desde a súa páxina oficial: A Batalla por Wesnoth.
O sistema de xogo consiste nun mapa composto por casas hexagonais no que se colocan as pezas do usuario e do contrincante (elfos, cabaleiros, orcos, meigas, feiticeiros...), que teñen uns valores de ataque e defensa. Os xogadores teñen que desplazar as pezas por ese taboleiro co fin de atacar ou escapar das do contrario. Existen moi diferentes mapas e diferentes personaxes, así como historias que enlazan eses mapas, polo que o desenrolo do xogo faise moi entretido.
Existen moitos vídeos na rede nos que se poden apreciar fragmentos do xogo. Aquí está un trailer ficticio realizado por un usuario:
Outro feito importante é que os textos están en galego e calquera pode colaborar na traducción. Deste xeito, o xogo faise moito máis ameno e enxebre. Parabéns ao equipo de traducción formado por Leandro Regueiro e ao proxecto Trasno en xeral pola súa contribución a que todos poidamos disfrutar desta obra de arte na nosa língua.
chúzame - 