Archive for abril, 2008
A Batalla por Wesnoth

Battle for Wesnoth (ou Legend of Wesnoth) é un xogo de estratexia por turnos multixogador gratuito (de código aberto) que me ten enganchado desde hai xa uns meses. Hai versións para Windows, Linux e Mac e manténse grazas ás aportacións da comunidade de usurios. Se algún usuario quere aportar algo, simplesmente o envía e, se o resto de usuarios o acepta, aparecerá na seguinte versión do xogo, que se pode descargar desde a súa páxina oficial: A Batalla por Wesnoth.

O sistema de xogo consiste nun mapa composto por casas hexagonais no que se colocan as pezas do usuario e do contrincante (elfos, cabaleiros, orcos, meigas, feiticeiros...), que teñen uns valores de ataque e defensa. Os xogadores teñen que desplazar as pezas por ese taboleiro co fin de atacar ou escapar das do contrario. Existen moi diferentes mapas e diferentes personaxes, así como historias que enlazan eses mapas, polo que o desenrolo do xogo faise moi entretido.

Existen moitos vídeos na rede nos que se poden apreciar fragmentos do xogo. Aquí está un trailer ficticio realizado por un usuario:

 Outro feito importante é que os textos están en galego e calquera pode colaborar na traducción. Deste xeito, o xogo faise moito máis ameno e enxebre. Parabéns ao equipo de traducción  formado por Leandro Regueiro e ao proxecto Trasno en xeral pola súa contribución a que todos poidamos disfrutar desta obra de arte na nosa língua.

Chuzame! chuzame -
Porque Linux?

Esta pregunta é a hoxe en día se fan millóns de usuarios de todo o mundo. E non só usuarios, senón tamén profesionais da computación. Linux é un sistema operativo alternativo ao tradicional Windows que leva máis de 10 anos acaparando o mercado. E digo alternativo e non substitutivo, porque permite traballar doutro xeito, que en ocasións é mellor e noutras, simplesmente, diferente.

  • Porque se debe usar Linux? Pois por varios motivos, pero principalmente para librarse do monopolio de Microsoft, que o único que sabe é obter beneficio sen aportar prácticamente nada e obstaculizando moitos desenrolos. Linux, as máis das veces, non peta e permite ter un equipo aceso durante anos (si, anos) sen apenas mantemento, tendo case todas as aplicacións e funcionalidades que un usuario medio ne
  • Quen debe empregar Linux? Ben, iso depende. Un usuario novato e inexperto no mundo da informática pode empregalo perfectamente, sempre e cando non teña que instalalo el mesmo. Na miña casa levo máis de dous anos empregando Linux, e serveu perfectamente para meu pai, que non tocara un ordenador na vida, e meus irmáns, que só coñecían Windows, o empregasen para facer documentos, navegar por internet, baixar películas... Claro que tiven que ser eu o que instalara e configurara o sistema, que durou máis de dous anos sen problemas.

Os usuarios que fan preguntas do estilo: Porque teño que aprender Linux se xa sei Windoz? non son os máis axeitados para insistirlles que o proben. Os usuarios avanzados, pola contra, que queiran aprender cousas novas e esteñan fartos do que teñen son os óptimos para empregalo. Moitos xogos de última xeración van máis rápidos, polo que moitos usuarios quererán probalo só por iso.

A mascota de Linux  é un pingüino chamdo Tux. Aquí está en acción.

Chuzame! chuzame -
Hazomoon na escaleira de Jacob

Farto de mostrar vídeos alleos, decidín subir o meu primeiro a YouTube e postealo no blog. Trátase dun concerto do grupo Hazomoon, no que un intérprete dun instrumento feito por el mesmo denominado Hang (man en suízo) é acompañado por outros máis tradicionais como a guitarra, flauta e a voz.

Este vídeo foi grabado cun móbil (é o que hai ) en La Escalera de Jacob, que é un centro cultural alternativo situado nun dos barrios máis marxinais do centro de Madrid. Habitualmente represéntanse funcións de teatro e concertos experimentais nas súas dúas salas, todo nun ambiente moi gafapasta (incluídas as pompas de xabón entre o público).

Abonda dicir que case quedo durmido no concerto. A música é tan monótona e repetitiva que por moita gana e interese que lle poñan os intérpretes, axiña acaba cansando. O ambiente pseudo-hippie tampouco axudou a mellorar a situación. Se vendesen o disco á saída creo que desta vez non o compraría.

Chuzame! chuzame -
As Noites son tan longas (no inverno)

Sempre digo que o día menos pensado,

é o día, é un segundo nunha festa,

rápido e atolondrado,

Coma unha cancion dos Suaves,

coma unha disputa de namorados.

Sempre digo que hoxe é o día agardado,

e unha brisa de verán lévame cara ao mar,

Triste e resignado,

Coma unha nai que casa á sua filla,

Coma un vello no parque sentado.

Pero á noite volto a compor esta canción

E abrazándome á noite xuro loitar

soño con rachar esta tristura de cantautor

facendo eu só un bo rock and roll

e xa non me dá medo a noite,

nin o tempo salvaxe que ouvea na ventá,

e mañá tamén é bo día para comezar.

Adicado á xente da cidade das murallas.

Antón do Carro

Chuzame! chuzame -