Escrebo estas liñas despois do pequeno balbordo que se montou tras o peche 'semivoluntario' da web de Aduaneiros sem fronteiras e despois tentar defender nun post anterior á (ex) musa do blogomillo, a traida (abrv. de traidora) Iolanda. Dáse a circunstancia que o motivo do peche son as ameazas do avogadete da rapaza aos autores da web, xa que considera unha caricatura exposta na web como unha ofensa á honra da súa defendida.
É curioso que isto aconteza só unhas semanas despois do tema das caricaturas das súas maxestades o príncipe e maila muller. Está claro que se abreu a caixa de Pandora das demandas dese estilo. Se o fan pola familia real, por que non por outros? Non teñen os demais o mesmo dereito que a coroa? Lembremos que o mesmo presidente Zapatero tamén tivo outro asunto recentemente coa compañía aérea Ryan Air, aínda foi un caso diferente xa que se empregába directamente unha fotografía real.
Persoalmente opino que as coroas, as imaxes das monarquías e as bandeiras son só símbolos e nunca deberían estar por encimas dos dereitos individuais dos cidadáns. Pódenos gostar ou non un determinado debuxo ou non, máis se non temos o dereito a expresarnos dese xeito, axiña quedamos nas mans do que interpreten e dictaminen os xuíces ou poderes correspondentes. Debemos ter o dereito a expresarnos como nos dea a gana. Iso non quita que non debamos xulgar ou ter opinións sobre o que estamos a contemplar, pero ésa é a interpretación que nós lle damos, non ten por que ser a dos demais. No fondo, é unha cuestión de tolerancia.
Fóra destes espiñentos temas, tedes unha nova ligazón ás fotos da viaxe deste ano a Lisboa, coidadosamente censurada, na lista de álbuns da barra lateral. Está nun novo servidor, Zooomr xa que o Flickr non permite máis de tres álbumes sen pasar por caixa e así non mola.
