Parts of the process

Estou a escoitar o último álbum de Skye, non a illa do norte de Escocia, senón a ex-cantora de Morcheeba, o grupo de pop inglés. Para os que non os coñezan, Morcheeba é un grupo formado a mediados dos 90 polos irmáns Godfrey e esta vocalista.

Skye Edwards deixou (ou botárona, quen sabe) o grupo no 2oo5 e podo constatar que o divorcio foi malo para as dúas partes. Se cadra a que máis perdeu foi a cantora, que axiña caeu nas mans de algún pérfido produtor musical que perpetrou o seu disco en solitario, 'Mind how you go', que ten un son industrial, aburrido e predecível.

Algo similar, aínda que en menor medida, lles ocorre aos irmáns Godfrey, quen, por certo non mudaron o deseño da súa web oficial desde o 2003. Despois da fuxida de Skye, non acertaron coa substituta e o álbum que gravaron no 2k5 tivo escaso éxito. O seu último CD chámase 'Dive deep' e nel contan cunha nova vocalista, Jody Stenberg, que lles está a dar mellor resultado.

Déixovos co clipe dun dos seus máis grandes éxitos. Por certo, ao o título do post correspóndese co do seu recopilatorio que vos recomendo encarecidamente.

Chuzame! chúzame -
*Name
*Mail
Website
Comment

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture. Click on the picture to hear an audio file of the word.
Click to hear an audio file of the anti-spam word