Archive for setembro, 2007
Troco de estación

Xa está aquí o outono. Ben, en Madrid aínda é inverno máis se comeza a notar o frío pola noitiña. Como todo troco de estación trae consigo outras mudanzas, aquí tedes o novo deseño do blog. É quizabes o máis elegante e o que menos personalizacións lle fixeron falta ata agora, cortesía do deseñador ruso mihalev. O tema ten unhas cores e uns degradados moi suaves, que son o estaba a procurar. De todos xeitos estou aberto a suxerencias, como xa sabedes.

Como engadido adicional, estou agrupando os posts en categorías, que podedes consultar na barra da vosa esquerda, polo que poderedes consultar os posts antigos dun xeito máis rápido.

Por último, tedes a primeira ligazón a un dos meus álbuns de fotos no flickr. Para os que non o saiban o flickr é un sistema de publicación de fotografías na rede, de xeito que calquera pode subir as súas fotografías e compartilas só cos seus amigos ou co resto do mundo, a vontade. Tamén é un xeito de non perder nunca as fotografías persoais, xa que os cds, tarxetas, discos duros, etc... por moito que duren, chega o día que se corrompen. Pola contra as imaxes que se suben a este portal, coma noutros, grávanse simultáneamente en varios discos duros, que se van substuindo e actualizando co tempo segundo sexa necesario.
Neste caso eu escollín que sexan de acceso público, así que calquera vai poder velas. Por esta mesma razón, vou procurar ter o consentimento de todas as persoas que aparezan, pola conta que me tén. Tedes a ligazón ao primeiro álbum Ponte Segade na barra da esquerda. As paisaxes deste álbum foron tomas por un colega meu con unha cámara non profesional, polo que teñen un grande mérito. Desfrutade desta paraxe do Ortegal.

Chuzame! chuzame -
Marcha en la calle

Por se non a atopades, nesta ligazón tedes a foto da última fin de semana.

Chuzame! chuzame -
Lanterna dos afogados

Ése é o nome dunha canción mítica dun grupo brasileiro non menos mítico: Paralamas do Sucesso. Nesta ocasión sínto non podervos ofrecer un vídeo mellor, máis está habendo moitos problemas últimamente cos dereitos de autor nos grandes portais de vídeos. Esperemos que pouco a pouco a situación vaia mellorando.

Mentres tando desfrutade desta versión de 1990 ripeada máis que seguro dun VHS. Seguro que coñecedes métodos para lograr mellores qualidades:

 

Por certo, esta cantiga ten tamén unha versión en castelán feita por un arxentino chamado Pedro Aznar (nada que ver co ex-presi):

E aquí tedes o que máis me gusta, a letra:

Os Paralamas do Sucesso - Lanterna Dos Afogados

Quando tá escuro

E ninguém te ouve

Quando chega a noite

E você pode chorarHá uma luz no túnel

Dos desesperados

Há um cais de porto

Pra quem precisa chegar

Eu tô na lanterna dos afogados

Eu tô te esperando

Vê se não vai demorar

Uma noite longa

Pra uma vida curta

Mas já não me importa

Basta poder te ajudar

E são tantas marcas

Que já fazem parte

Do que eu sou agora

Mais ainda sei me virar

Eu tô na lanterna dos afogados

Eu tô te esperando

Vê se não vai demorar

Uma noite longa

Pra uma vida curta

Mas já não me importa

Basta poder te ajudar

Eu tô na lanterna dos afogados

Eu tô te esperando

Vê se não vai demorar
Chuzame! chuzame -
Sen fronteiras

Hoxe vou falar de dúas webs xa ás que xa me teño referido anteriormente, pero que siguen aportando pequenos sorrisos neste escuro mundo. Son o blog de Berto Yáñez e Aduaneiros sem fronteiras. Tedes as ligazóns na columna da dereita, á espera de seren catalogadas na próxima revisión de Travesías.

Os dous son blogs especiais: non están cheos de texto coma outros, senón que empregan deseños e debuxos para enviar a súa mensaxe. Aínda que non se actualizan moi a miudo, están moi orientados á actualidade, polo que alguns dos post poden quedar desfasados. De todos os xeitos, paga a pena botarlles unha ollada aos posts anteriores. Eu gosto particularmente do xerador de poesía galega e da antoloxía de cartaces galegos.

E non quería rematar sen lembrarme dunha amiga miña que non quere aparecer neste blog e que vai cumprir 30 outonos dentro de nada. A ti, que me estás lendo agora, vai adicada esta fotografía:

Fiordo

Tomeina desde a outra ventá de atrás da miña casa. Vemonos logo.

Chuzame! chuzame -
Máis Feliz

Xa estou establecido con conexión á rede no meu piso no exilio. Durante os próximos post vou falar un chisco do Brasil, sobre todo da súa música. Era hora de que tocase ese tema e, para comezar, poñovos un clipe dunha das primeiras cantoras que coñecín hai xa uns aniños: Adriana Calcanhotto. Disfrutade de 'Mais feliz':

A primeira vez que a escoitei o que máis me impresionou, ademáis da novidade e da súa enorme calidade musical, foi a tremenda e terrível semellanza entre a língua que escoitaba e o galego ben falado. Adriana é de Porto Alegre, a capital dun estado, Rio Grande do Sul, que vive rodeado de paises castalán falantes e o contacto con esa língua provoca unha fonética moi similar. E como mostra da súa similitude tamén na escrita, transcribo este texto completo áo português brasileiro. Seguramente postee en reintegrata proximamente, idevos acostumando.

E aquí tedes 'Maresía':

Versao brasileira:

Ja estou estabelecido com conexao á rede no meu piso no exilio. Durante os próximos post vou falar um chisco do Brasil, sobre todo da súa música. Era hora de que toca-se esse tema e, para começar, posso-lhes um clipe duma das primeiras cantoras que conhecí há ja uns aninhos: Adriana Calcanhotto.

A primeira vez que a escoitei o que máis me impresionou, ademáis da novidade e da súa enorme qualidade musical, foi a tremenda e terrível semelhança entre a língua que escoitaba e o galego bem falado. Adriana é de Porto Alegre, a capital dum estado, Rio Grande do Sul, que vive rodeado de paises castelao falantes e o contacto com essa língua provoca uma fonética muito similar. E como mostra da súa similitude também na escrita, transcribo este texto completo ao português brasileiro. Seguramente postee em reintegrata próximamente, ide-vos acostumando.

Chuzame! chuzame -
Tres Peixes Voando

Tres Peixes Voando é o novo proxecto de Ugia Pedreira, Guillermo Fernández e Xabier Díaz. Polo momento están pola Habana... (ah, Cuba, mi tierra), mais non creo que tarden moito en actuar no país. Aquí tedes unha crónica do seu primeiro concerto. Máis música en galego, desta volta mesturada cos ritmos cubanos e arxentinos, mal chamados latinos. Tamén estrean portal: tedes a ligazón no comezo do texto e na categoría.

O certo é que gostaría de poder falar de outra xente, mais estes meses estiven escaso de tempo e non puiden postear como querería. Máis adiante fareilles un repaso a varias cantoras brasileiras e a outras músicas. De todos os xeitos é unha gozada poder falar dos músicos da terra despois de anos na penumbra. Poder ter novas deles case tódos os meses é un privilexio.

Por último unha nova sobre o blog: debido ao aumento das miñas necesidades persoais, e despois de varios colgues en blogaliza, vou proceder a mudarme a un aloxamento web de pago. Esta mudanza permitirame ter un sitio web de calidade que espero que agradezades.

Vou a tomarme un tempo para escoller o nome de dominio. Quería algo enxebre mais tamén están pillados (p.ex. www.arcodavella.com). Admítense suxerencias.

Mentres tanto, aquí tedes unha foto da miña terraza en Al-Cobendas:

Terraza de Alcobendas

Chuzame! chuzame -