No nordeste

Outra volta pola casa, teño que dicir que pagan a pena as 16 horas de bus. 'Patria' é unha palabra actualmente moi mal empregada que etimolóxicamente significa 'casa do pai'. Por algo será.

Agora tócame falar algo de Nordestin@s. o proxecto que, como dixen nun post anterior, levaron adiante a finais do ano pasado Guadi, Ugia Pedreira, e Abe Rábade. Trátase dun proxecto que mestura cancións tradicionais galegas cun fondo de Jazz. Como contan os seus autores, todo comezou como un experimento para unha soa actuación. Foi un éxito, repetiron e decidiron gravalo nun disco.

Ugia Pedreira é a cantora de Marful, un grupo galego pouco convencional, como ela, que mestura a música galega con outras músicas do mundo. No seu último traballo, ofrecen un espectáculo de baile e incluso teñen o seu clube de fans na rede. Por certo, o seu nome pronúnciase /Uxía/, xa que emprega a ortografía reintegrata.

Abe Rábade é un pianista de Jazz galego recoñecido internacionalmente, considerado un dos que teñen máis calidade do momento e que da clases no conservatorio de música de Pontevedra. Na sua web dase conta dos seus proxectos Trio e GHU!, ademáis de numerosas colaboracións con outros músicos.

Aquí tedes o vídeo de presentación.

E para rematar 'Romaxe de Santo Andrés' na sala Clamores de Jazz en Madrid.

Ide con sentidiño...

Chuzame! chúzame -
*Name
*Mail
Website
Comment

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture. Click on the picture to hear an audio file of the word.
Click to hear an audio file of the anti-spam word