Archive for agosto, 2007
no Naseiro

Outro ano máis e outra vez de volta do Naseiro. Para os que non o saiban, o Naseiro é unha romaría popular que se celebra no val do mesmo nome, nas cercanías de Viveiro. Na última fin de semana de Agosto, a xente xúntase nas cabanas de paos, ferro e plástico que ergueu e preparou durante os días previos. Durante ese tempo, toda unha cidade emerxe á beira do río Landro e, ao estilo das favelas de Sao Paulo ou Rio, a música e a festa parece que non van acabar nunca. É o momento para que as familias e os amig@s se encontren e se divirtan.

Só podo dicir que teño moi gratas lembranzas e subirei en canto poida as fotos da movida. Aínda así, tivemos un pequeno disgusto: entraron na nosa cabana cando non había ninguén e roubaron varios obxetos, entre eles a miña vella cámara Aosta.Por sorte non pasou nada realmente grave, e quedo só cos bos momentos.

E para ir facendo boca antes de ensinar as própias fotos, aquí tedes as de outra xente: o Naseiro no Flickr. Son poucas pero xa dan unha idea ;)

Chuzame! chuzame -
Nova Categoría: Ligazóns

Engadida nova categoría: ligazóns. Tívena que engadir empregando o meu propio código e accedendo directamente á taboa de MySQL, xa que o tema que estou a empregar petaba para as ligazóns. Foi un pouco lioso, así que se alguén dalgún blog tivo o mesmo problema ao mudar o blog, xa sabe a quen preguntar.

Espero ter máis tempo e, sobre todo, vontade, a partir do mes que vén. Como proxectos ata fin de ano teño o tutorial sobre gráficos en Javascript e unha posíbel mudanza do blog a un hosting novo que me permita facer máis cousas. Sería interesante probar un xestor de contidos como o Joomla. Xa veremos.

Chuzame! chuzame -
O Grande Apagón

A semana pasada este blog non estivo disponível. Éste e outros moitos: caera o servidor de 'blogaliza'. Non é que fora un problema moi grave, mais é algo a ter en conta.

Novidades: a semana que vén múdome a un piso Alcobendas, co que finalizo a situación temporal na que me atopaba. Mentres tanto, xa visitei outro lugar: a Filmoteca Española. Pinículas en versión orixinal a dous ouros por sesión. As salas non son gran cousa, e, feito curioso, só admiten un tercio da entrada total, polo que pode ser difícil conseguir sitio. A ter en conta.

Por certo, agora decátome de que o WordPress funciona peor no IE que no Phirephox...

Chuzame! chuzame -
Vivir no centro ou nas aforas

Éste seguramente será outro 'post' do que me arrepentirei cando o volte a ler: vivir no centro de Madrid ou nun 'pobo' ou microcidade das aforas.

As ventaxas de vivir no centro son principalmente ter todos os servicios a man ou collendo a económica liña de metro. Pola contra nas aforas e tendo un veículo, a calidade de vida é, se cadra, mellor. Así que estou decidindo.

Mentres tanto, disfruto da vida no centro. Hoxe vou ir ao concerto de Ara Malikian e Fernando Egozcue, violinista libanés e guitarrista arxentino, respectivamente. Este tipo de música é o que se coñece a día de hoxe como fusión, xa que é unha mestura de dous mundos diferentes para crear algo novo, que pode gustar ou non. É máis difícil asistir a este tipo de espectáculos nunha cidade pequena. Algo bo tiña que ter este infer.. digo cidade.

Chuzame! chuzame -
No nordeste

Outra volta pola casa, teño que dicir que pagan a pena as 16 horas de bus. 'Patria' é unha palabra actualmente moi mal empregada que etimolóxicamente significa 'casa do pai'. Por algo será.

Agora tócame falar algo de Nordestin@s. o proxecto que, como dixen nun post anterior, levaron adiante a finais do ano pasado Guadi, Ugia Pedreira, e Abe Rábade. Trátase dun proxecto que mestura cancións tradicionais galegas cun fondo de Jazz. Como contan os seus autores, todo comezou como un experimento para unha soa actuación. Foi un éxito, repetiron e decidiron gravalo nun disco.

Ugia Pedreira é a cantora de Marful, un grupo galego pouco convencional, como ela, que mestura a música galega con outras músicas do mundo. No seu último traballo, ofrecen un espectáculo de baile e incluso teñen o seu clube de fans na rede. Por certo, o seu nome pronúnciase /Uxía/, xa que emprega a ortografía reintegrata.

Abe Rábade é un pianista de Jazz galego recoñecido internacionalmente, considerado un dos que teñen máis calidade do momento e que da clases no conservatorio de música de Pontevedra. Na sua web dase conta dos seus proxectos Trio e GHU!, ademáis de numerosas colaboracións con outros músicos.

Aquí tedes o vídeo de presentación.

E para rematar 'Romaxe de Santo Andrés' na sala Clamores de Jazz en Madrid.

Ide con sentidiño...

Chuzame! chuzame -
Na capital (polo momento)

50 graos á sombra, cando chove cheira fatal, os transportes públicos a rebosar, os anuncios pegados nas farolas escritos en romanés, sí debo de estar na capital do Imperio Galáctico. En ausencia do meu portátil (felizmente reparado en tempo récord) emprego un equipo arrendado (cyber). De momento ningunha novedade relevante, excepto a estrea de 'Ratatouille', gráficamente impresionante.

Para a semana xa volvo á terra!!

Chuzame! chuzame -