Archive for xullo, 2007
Feito, imos pa´Madrid

Despois de longas negociacións...  ben, é unha forma de expresalo, servidor pírase para a capital do Imperio. A principal razón é que creo que me vén ben un cambio de ambiente tras estes tres últimos anos, e iso seguro que o vou ter. Ademáis diso, quero agradecerlle o interés a toda a xente que se interesou pola miña situación persoal e profesional nestas últimas semanas. Gracias a  tod at s.

Para comezar con bo pé e como mostra de boa vontade coa poboación nativa, aquí vos deixo esta imaxe.

madrit

E con respecto ao aspecto visual do blog, admítense suxerencias ;)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Travesías Versión 2.0

Pequena mudanza no blog: novo tema baseado no Daisy Rae Gemini feito polo webmaster da extinta AtThe404. Incorpora unha nova imaxe na cabeceira e lixeiras modificacións e simplificacións no deseño. Engadido tamén o banner do punto GAL, a campaña por un dominio propio para a cultura galega. Non estaría mal ter o 'www.manel.gal'... en fin, que nos próximos días continuarei con novidades, antes do parón inevitábel en Agosto.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Queixume

Pensarás que me queixo;

Que me queixo por queixar,

Que a vida e pra vivila,

Que deixe xa de chorar,

Poderas dicirme fai algo,

Se algo queres cambiar;

Pero o certo é que me sinto,

Síntome coma unha gota

que quere voltar ó mar,

Pedindo axuda a berros,

Berrando,

Berrando por non calar;

Teño medo que o meu pobo

Morra de soidás,

Que os seus netos non saiban

Chorar,

Chorar o miralo mar;

Que cando a vella pregunta,

Xa non saiban contestar

Que haxa abismos máis grandes,

Tan grandes

Que nin podamos con saltar soñar,

E aínda imaxino ou creo oír,

A ledicia dos nenos a noite San Xoán

berros de nais chamando pra merendar

aquel vello que chora,

Que chora, que chora sen chorar

non pares galego de soar

por que non quero

Non quero deixar de queixar.

Antón do Carro (1968-1987)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Remexendo no faiado

Agora que teño algún tempo (XD), vou tentar rescatar algúns dos meus pequenos tesouros que tiña esquecidos nalgún lugar escuro... e así é como atopei un vello volume titulado 'Antoloxía de novos autores galegos 1969-1989' que mercara todo podre hai anos nun rastro da cidade vella da Coruña (actualmente denominada 'Lakoru-nêno'). Despois de abonar os rigurosos vinte pesos e recibir o agradecemento eterno do anticuario, deixeino abandonado ata agora.

De todo o monte de lixo que contén o tomo, houbo cousas que me chamaron a atención. Paréceme que paga a pena sacalas á luz, así que decidín publicalas aquí. Comecei no anterior post por 'Solsticio', que me cadraba ben pola data, e continuarei nos seguintes días con outras composicións de varios autores.

O pequeno poema do anterior post pertence a un autor maldito. Despois de facer unhas pesquisas con xente do mundo literario galego (non, non falei con Yoli Castaño) puiden saber algo máis sobre el.

Antón do Carro é o pseudónimo, talvez influido polo ídolo da época, que enmascara unha personalidade rebelde e atormentada que desapareceu en moi escuras circunstancias a finais dos anos 80. Non se coñece o seu verdadeiro nome e só se sabe que por aquelas datas apareceu polos ambientes universitarios compostelanos un personaxe de marcado sotaque ortegano que se confundía con outras moitas personalidades daquel tempo e lugar. Todo era mala vida, drogas, mulleres fáciles e... versos. Non era doado deixarse levar naquel ambiente, como tantos outros, acabar tendo problemas coas drogas. Deste xeito aparece morto un día de novembro de 1987 perto dunha vía do ferrocarril, non tendo ninguén que reclamara o seu corpo. Non hai forma de obter máis datos sobre a súa morte. Sobredose ou suicidio, de calquera forma pertence á chamada xeración X (lese 'xis') ou xeración perdida da que falarei máis adiante en profundidade.

Mentres tanto, gozade da súa lírica.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Solsticio

Dez cores puiden contar,

Luces xuntas, arremuiñadas,

Coma praias nas palmas das mans,

Azuis, Amarelas, laranxas;

Espíritos que non se deixan tocar..

Vidros que cambian, que se mofan,

Retorcéndose sen poder escapar;

Mira sen medo pra o lume,

E veras ó teu vello rapaz.

Mouchos, curuxas, sapos e bruxas

Berran os vellos do lugar,

Cando senten cun brebaxe,

Racha o peito a gorxa,,, e o cantar;

Fóra meigas fora trasnos,

Rezan as herbas sen cansar,

aforcadas sen remedio,

nalgunha porta con mal ollar;

pan de broa, Sardiñas, lumeradas......

Recordos que arden coma leña verde,

Na noitiña de San Xoán

 

Antón do Carro (1968 - 1987)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google