Archive for xuño, 2007
Tomo Sexto

Como Camilo Sesto, aquí tedes a 6ª entrega do meu xornal de edición propia. Non vos vexo moi animados para escreber comentarios, mais SEI QUE ESTADES AHI. Por que o sei? Polas estatísticas da páxina.

Tamén sei que non tedes moita gana de ler, así que aquí tedes o meu primeiro presente:

Sí, son eles dous: Guadi Galego e Guillermo Fernández. Dous séptimos de Berroguetto, que xa é dicir. Ademáis diso, cada un deles ten os propios proxectos. Non sei se o vídeo pertence ao concerto que algúns de vós outros fostedes ver comigo a Santa Cristina, xa que a escenografía é idéntica en todos os concertos.

Guillermo ten outros traballos á marxe do berro no guetto. Con Xabier Díaz, acaban de sacar o disco Coplas para Icía, no que produce e realiza as mesturas. Tamén é o produtor de Espidos, o disco ao que pertence a canción do vídeo. O seu instrumento como saberedes é a guitarra e ademáis é compositor xunto con Guadi de varios temas xa míticos como 'O alquimista de soños' ou un dos meus favoritos 'Setestrelo'.

Guadi é outro mundo. Os que me coñecedes musicalmente sabedes que lle rindo unha absoluta devoción. Neste vídeo non se aprecian nin unha mínima parte das súas cualidades. O directo é o directo e os que tivemos o pracer de asistir algún concerto seu con Berroguetto, ou mellor aínda, con este espidos ou con Nordestin@s, ficamos de pedra. A emoción que logra transmitir coa súa voz para min é indescriptible. A descalciña é capaz de chegar ata o fondo da alma e facer que se estremeza. Cando colle o micrófono o tempo detense e o mundo deixa de xirar para escoitala. É sentimento en estado puro. E vouno deixar aquí, porque podería pasar así horas e horas...

Despois desta declaración de amor (unha máis non se nota, notase que está perto o Solstício), déixovos unha larpeirada:

Así comezou a lenda.

E por último, a petición popular...

Andrés do Barro en San Andrés, hai 35 aniños. Que gozedes.

 

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google