Benvidos a tod@s (sau2) ao 'Manel News nº 5'.
Os anteriores 'Manel News' foron enviados como correo electrónico, pero atopo que éste método é o máis práctico. Deste xeito non terei que respostar a usuarios que borran correos 'accidentalmente' e despois piden que llos volvas a enviar. Ademáis, ten todas as ventaxas dun documento publicado na rede.
Estas son as razóns para escoller blogaliza e non outros servidores para facer o meu blog. Existen outros coma Blogoteca que poden ser máis doados para os que comecedes, mais blogaliza permíteme personalizar o contido do blogue como eu quero. Ademáis en blogaliza 'hai libertá índa que mande Zapatero'.
Para comezar, unha en inglés con subtítulos en castelán para que o entendades mellor. Aínda así, vénvos ben escoitalo: Steve Jobs, o fundador de Apple, dando unha coferencia nunha graduación da Universidade de Stanford (USA) na que fala da súa vida e rompe con todo.
Éste vídeo ten unha segunda parte.
E seguindo con xente emprendedora, aquí tedes 20 consellos para emprendedores. Por se alguén está pensando en montar o seu negocio.
Máis cousas novas: os podcast. Aquí tedes un vídeo onde o autor do podcast chuzanews, Modesto del Río, o explica. Os chuzanews, que nada teñen que ver con chuza, que vos recomendo son o 29 e o 30. Neles, o seu autor emprega un sistema que graba o que escrebeu antes cunha voz que non é a súa. O acento (sotaque) que se escoita é o portugués galeguizado, así que os queirades viaxar ata Lisboa en Xuño xa o podedes .
Durante o mes Xuño (Junho) teñen lugar as marchas populares, que son desfiles populares moi coridos. Este ano son do 1 ao 3. Do 8 ao 30 é a festa do Fado, polo que haberá moitas actuacións de grandes cantoras.
O fado é un canto desgarrado que sae da alma da xente do Sul de Portugal. Pero aquí ao lado no Norte temos a Quim Barreiros co seu novo éxito. Gozádeo.
E xa acabei por hoxe. Facede moito o amor que guerras xa hai abondas...
